top of page

Cando o difícil se fai posible

 

Hai moitos estudos, moitas formas de traballar, moitas formas de ve-la ensinanza e tódalas formas aplicables. Eu creo que dende tres aspectos podemos ensinar a case calquera alumnado con garantías. Este tres aspectos son a natureza, a educación emocional e o propio alumno en si mesmo. O primeiro que faremos é coñecer a quen temos que ensinar, cada alumno é único, se buscamos os seus intereses, a súas inquedanzas e utilizámolas na súa ensinanza teremos medio camiño andando.

O aspecto da ensinanza emocional é básica, para traballar a soas con un alumno, coma para traballar en gran grupo. Se mesturamos esta idea co concepto de traballar con alumnado con distintas idades, e que uns ensinen a outros teremos non só unha ensinanza emocional, senón unha comunidade emocional complexa e única. Complexa polas interaccións e relacións que se establecen entre o alumnado e o alumnado e mestre. Única porque se cambiamos a un só alumno cambiará sutilmente a comunidade emocional.

E por último o aspecto da natureza, tan sinxela, vivencial e rodeándonos en todo momento. Dela poderemos coller exemplos, comezar calquera proxecto abarcando tódalas areas de ensinanza. Dun simple fento poderemos estudar os complexos fractais nas matemáticas, xa que estes explican o contorno dos fentos. Poderemos traballar artes plásticas tentando imita-los fentos ou as paisaxes onde están, coma profundizar na area de coñecemento do medio, en qué tipos de climas ou rexións se atopan estes. Sen dúbida lingua Galega, Castelán ou Inglés repasaranse neste mini-proxecto do fento...

Pero todo proceso educativo volvese difícil cando tratamos con alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), como ensinar/educar, cando, onde e porqué. Voltar a vista atrás e ver os nosos tres aspectos.

Tomaremos como exemplo a A.S., un alumno da escola que ten diagnosticado hiperactividade. Pódese volver imposible inmiscuilo nun proxecto, que mostre interese ou mesmo que nin faga nada do que lle expliquemos. Nada mais lonxe, ver como lle da de comer a un cabalo, como se serena antes de entrar na corte, ou como é capaz de estar sentado facendo unha bola mariñeira sen volverse tolo. Cando o difícil se fai posible, un neno con hiperactividade é capaz de involucrarse nun proxecto como o que estamos a facer dunha gaiola, ou nos talleres de pan, sendo el mesmo o que busque, indague e queira voltar o próximo día para seguir aprendendo.

Por outro tipo de ensinanza.

Miguel Garrido Ramos

bottom of page