
Historia
Como mestre teño uns ideais formados nos meus estudos universitarios, pero sobre todo coa práctica. Non cabe falar de pensamentos pedagóxicos sen levalos á práctica e non podo explicar a metodoloxía que se vai desempregar en A Gorriona sen falar de Xosé.
Unha vez rematados os meus estudos traballei como camareiro e seguín dando clases particulares. Uns dos meus alumnos era Xosé, un neno autista de oito anos que sen dúbida cambiou a miña pedagoxía, a miña forma de ensinar.
Este neno tiña problemas derivados da súa enfermidade xenética, a súa total exclusión social e de aprendizaxe na escola suscitou a busca dunha nova forma de ensinar e inclusión social que sen dúbida a escola pública e privada non podían nin poden a día de hoxe ofrecer.
O traballo diario con Xosé e o ampliar o tempo que lle dedicaba, xa que cheguei a levalo a piscina, coidalo como persoa e non como mestre fíxome ver o que realmente tiña diante de min; a posibilidade de crear unha escola onde todos eses ideais podían tomar forma.
